MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ EN O CARBALLIÑO
Una villa de cine llevada a la literatura
http://www.galiciaenteira.com/miguel-anxo-fernandez-en-o-carballino/
Buscar neste blog
mércores, 1 de outubro de 2014
Estructuras onde se anunciaban as XOCIVIGA
Pasadas as XOCIVIGA dende hai mes e medio, isto xa molesta un pouco ou (á vista polo menos). Un de tantos que hai por diversas partes do Carballiño. Ou estanse a poñer cartaces doutros eventos nestas estructuras?
Aspecto da Ponte Veiga de O Carballiño
Así esta a Ponte Veiga. Dá gusto. Xa na época de Carlos Montes dicían que estaban a espera do permiso de Patrimonio. Chegaría esa orde ou seguiu crecendo a maleza nela? Chegara ou non, a pobre ponte está así de fea. E seguramente haxa outras cousas nas que gastar os cartos, pero aqui deixamos isto para que non caia no esquecemento.
![]() |
| Ponte Veiga (O Carballiño) |
Apertura de matrículas para entrar na Banda-Escola de Gaitas de Carballiño
A Banda-Escola de Gaitas de O Carballiño envíanos a seguinte información informando da apertura de matrículas para o novo curso, que comeza este mes de outubro:
Ofrecen clases de:
-Gaita galega
-Percusión galega (tamor, pandeireta, bombo...)
As clases inclúen diversos niveis, iniciación, perfeccionamento, clases de afinación, e asimesmo para tódolos públicos tanto nenos (a partires de 7-8 anos) coma adultos. Grupos reducidos (máximo 4 persoas por grupo).
Tamén comezan os ensaios da Banda de Gaitas do Carballiño, que está aberta a novas incorporacións (tanto dos propios alumnos da Escola, coma de calquera que xa toque algún instrumento xa sexa gaita ou de percusión galega, e lle interese incorporarse á agrupación) e tamén os ensaios en formato máis tradicional (cuarteto, quinteto).
Asimesmo informamos de que as clases este ano terán lugar nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño (Instituto de Señorín), gracias ao acordo conseguido entre este Instituto, o Concello e a Escola de Gaitas do Carballiño.
Teléfonos de contacto: 609169869 e 622170416
E-mail: egaitacarballino@gmail.com

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)