¿Queres colaborar con News Carba?

Se queres saber como colaborar con News Carba segue lendo:

En News Carba non somos omnipresentes e por iso pedímosche que se te enteras dalgún acontecemento (por exemplo, eventos culturais ou festivos...) ou queres denunciar algo (por exemplo, fochancas na rúa...) pregámosche que nos mandes información aos seguintes medios que poñemos á túa disposición:
  • Envíanos un correo a newscarba@gmail.com
  • Mencionanos nun tuit @newscarba
  • Escribenos no muro ou por mensaxe na páxina de News Carba de Facebook
Entre todos enterarémonos de todo o que sucede no Carballiño e na súa comarca.

Por outra banda, no podcast que levamos a cabo facemos entrevistas. Se coñeces a alguén ou a algunha asociación que penses que paga a pena que lle fagamos unha entrevista, coméntanolo e analizaremos a posibilidade. Ademais, se coñeces grupos musicais, que teñan relación coa comarca do Carballiño tamén miraremos o que podemos facer dende News Carba, como poñer cancións deles nos nosos podcast ou darlle publicidade ás súas actuacións.

Por último, dicir que estamos abertos a calqueira idea que poidades ter e que poida ter cabida dentro do que estamos a facer. Cantas máis cabezas pensantes sexamos, mellor.

Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario