mércores, 1 de outubro de 2014

Apertura de matrículas para entrar na Banda-Escola de Gaitas de Carballiño

A Banda-Escola de Gaitas de O Carballiño envíanos a seguinte información informando da apertura de matrículas para o novo curso, que comeza este mes de outubro:

Ofrecen clases de:
-Gaita galega
-Percusión galega (tamor, pandeireta, bombo...)

As clases inclúen diversos niveis, iniciación, perfeccionamento, clases de afinación, e asimesmo para tódolos públicos tanto nenos (a partires de 7-8 anos) coma adultos. Grupos reducidos (máximo 4 persoas por grupo).

Tamén comezan os ensaios da Banda de Gaitas do Carballiño, que está aberta a novas incorporacións (tanto dos propios alumnos da Escola, coma de calquera que xa toque algún instrumento xa sexa gaita ou de percusión galega, e lle interese incorporarse á agrupación) e tamén os ensaios en formato máis tradicional (cuarteto, quinteto).

Asimesmo informamos de que as clases este ano terán lugar nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño (Instituto de Señorín), gracias ao acordo conseguido entre este Instituto, o Concello e a Escola de Gaitas do Carballiño.

Teléfonos de contacto: 609169869 e 622170416
E-mail: egaitacarballino@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario